A Fundación
A Fundación Ceo, Ciencia e Cultura é unha fundación sen ánimo de lucro, declarada de interese galego e interese docente, co obxectivo principal da divulgación e investigación astronómica e da ciencia en xeral.
A Fundación Ceo, Ciencia e Cultura ten por obxectivo a realización de actividades con fins educativas, culturais, cintíficas e de fomento á investigación, achegando a ciencia e os progresos e os resultados relacionados con ela á sociedade, con especial énfase entre os nenos e os xoves. E procurar os medios axeitados para levar a cabo estas actividades.
Coidando o interese por tódalas disciplinas científicas en xeral, utilizarase a astronomía e tódolos campos do saber relacionados con ela en particular como vehículo principal na consecución dos obxectivos da fundación.
Breve Historia
No ano 2006 un grupo de astrónomos afeccionados reunense coa incipiente idea da construcción dun observatorio astronómico.
O que naquel principio parece un proxecto extremadamente complexo compróbase ó longo dos meses que así é, pero non unha tarefa imposible.
Ó ano seguinte, no 2007, crease a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura. co firme obxectivo de dar cobertura a aqueles proxectos de divulgación e investigación científica, sendo o seu primeiro proxecto o Observatorio Astronómico de Forcarei.
Proxectos
O gran proxecto que hoxe en día ten ocupados case tódolos recursos da fundación é o Observatorio AStronómico de Forcarei, sacando o maior partido dende o punto de vista da investigación como da divulgación. A longo prazo temos outra serie de ideas que agardamos que vos poidan ilusionar tanto coma a nós.
| © Fundación Ceo, Ciencia e Cultura - 2009 |